O cassette, aquel formato de grabación de son, de cinta magnética, que foi tan amplamente utilizado. A cinta. E agora está de volta señoras e señores!
Os ivnestigadores de FujiFilm, en Xapón, e IBM, en Zurich, xa construíron prototipos de cassettes que poden almacenar 35TB (nun cartucho que mide 10x10x2cm). Para poder conseguir esto recubriron a banda magnética do cassette de partículas de ferritas de bario.
Aínda que mellor, por agora, non esperedes que estas cintas de alta densidade aterricen nas tendas locais. Polo de pronto as cintas estanse a desenrolar para a computadora de IBM de 43$ millóns que se executará no próximo telescopio Square Kilometre Array (SKA), que unha vez o SKA esté reamado (alá polo 2024) será o radiotelescopio máis grande do mundo e será capaz de expulsar 1 petabyte de datos por día, como esta tarea vai ser moito para os actuais discos duros, así que vos investigadores traballan para conseguir que cando o SKA esté en liña poder almacenar 100TB por cartucho.
A desventaxa por agora é que son máis lentas para acceder aos datos que conteñen que os nosos discos duros, ainda que xa están tamén traballando nese detalle, desenrolando un sistema que acelerará o proceso facendo a cinta comparable ao disco duro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario