O competidor autómata dos compositores de música electrónica!
A máquina conta con 5 canais dispoñibles: dúas melodías principais, dúas líneas de baixo e unha para acordes. Os sintetizadores virtuais xeran o son e o sistema do Infinite Horizon fai o resto. A través dun secuenciador xera patróns provintes dun conxunto de reglas, as cales sirven para conseguila coherencia nun resultado que pode durar horas e horas.
A meta é facer música contemporánea para bailar e, como dixo o creador da máquina: "A maioría da música para bailar "clásica" está tan basada en fórmulas, que debería ser fácil para unha computadora xerala".
Aínda que, o ordenamento das pezas, presentase coma un dos desafíos máis grandes, xa que si ben a estructura musical de certos xéneros como o Trance é moi predecible, dise que esta tarea é mellor que a realice unha persoa.
Vamos, que realmente tampouco o fai totalmente soa, pero, o tema central é que si se presiona o botón vermello da máquina, comeza a sonar música nova e orixinal sen esforzo.
Aínda que polo momento non chegará aos salóns de ningúen, neste vínculo podedes escoitar un exemplo do que Infinite Horizon pode facer.




No hay comentarios:
Publicar un comentario