O código binario
O termo bit, é unha abreviación do dixito binario. Un díxito binario é un estado "aberto" ou "pechado" lóxico, compréndese mostrándoo e analizandoo coma "1" ou "0". Nunha computadora estos ceros e uns convertense nunha diferencia de voltaxe, polo tanto unha información diferente.
Sorprenderíaste de saber toda a información que emites e recibes a través de máquinas cada día, mediante "1" e "0" en grupos, que son transformados en distintas cousas interpretables por nos coma imaxes, sons ou simplemente algún formato dixital.
Alan Turing foi o creador do codigo binario, as súas investigacións matemáticas sobre os números computables convertiron a este científico inglés no precursor da ciencia da computación.
Turing foi un xenio precoz que, xa dende pequeno tivo unha gran habilidade e interés polos números e as matemáticas. Aprendiu a ler só, e con 16 anos xa analizaba traballos de Albert Einstein. A pronta morte do seu amigo e primeiro amor (Christopher Morcom) marcou a Turing de forma traumática, abandonou a fe relixiosa e conmeceu a obsesionarse con entender os procesos mentais dos humanos.
A idea da mente coma unha máquina artificial intelixente comezou a obsesionalo; dous anos máis tarde sentou as bases teóricas da computadora co seu estudio dos números computables, o pistoletazo de saída cara a pimeira computadora.
A primeira máquina que deseñou era un modelo matemático abstracto que define un sistema de escritura/lectura que determina os conceptos computacionais: input, output e algoritmo, establecendo así as bases lóxicas para desenrolar os primeiros procesadores.
Foi en 1945 cando Turing quixo ir máis alá e deseñou o aprello: a Máquina Turing. E no 1950 completou totalmente a computadora, a máis rápido durante anos.
A máquina de Turing
No hay comentarios:
Publicar un comentario