martes, 9 de octubre de 2012

20 ThinkPad



Nestos días os portátiles ThinkPad cumpren 20 anos! O ThinkPad orixinal foi desenrolado por IBM, e comezouse a comercializar en 1992.
No 2005 IBM vendiu o seu negocio de ordenadores portátiles a Lenovo, que dende entón continuaron fabricando estas recoñecidas máquinas 
(incluso con cambios estéticos mínimos).




Para o seu 20 cumpreanos ThinkPad celebrouno expoñendo un repaso polas  súas diferentes máquinas no Museo de Arte Contemporáneo de Nova York. 




Neste vídeo podemos ver algunhas das particularidades destos portátiles.




Por exemplo: o teclado desplegable do modelo de 1995 (que por aquel entonces foi bastante impactante, aínda que tamén desapareceu sen deixar rastro) ou o modelo do 2009 que añadía unha pantalla plegable, auxiliar a principal.
Houbo outras innovacións dos ThinkPad que sí calaron no resto de fabricantes, coma a incorporación da unidade de DVD ou o mecanismo con sensor de movemento que se anticipaba a posibilidade dun golpe inminente reducindo, dentro do posible, os daños aos discos duros.
Ademáis tamén inaugurou a incorporación da conectavidade wifi, que anteriormente se conseguí añadindo unha tarxeta PC Card / PCMCIA.






No hay comentarios:

Publicar un comentario