O GIF, ese formato tan ampliamente utilizado na World Wide Web.
Orixinalmente (1987) fora unha idea de CompuServe como un formato de intercambio xeral que sustituía ao RLE (Run-length encoding).O formato GIF fíxose moi popular dado que resultaba rápido e sinxelo de descargar por grande que poidera ser a imaxe ou lento o módem.
Un GIF pode conter entre 2 e 256 cores, polo que ten unha paleta cun número de cores limitado, e obtíñanse así, polo xeral, imaxes moi pequenas.A pesar de eso, o que realmente supuso a caída da popularidade do formato GIF foi que debido a patente do algoritmo de compresión LZW (algoritmo de compresión da imaxe), todos aqueles editores que usaban imaxes GIF debían pagarlle a Unisys, a compañía propietaria dos dereitos.
A consecuencia o PNG foi aumentando a súa popularidade.
O uso dos gifs está presente xeralmente para os banner publicitarios, e a súa utilidade principal foi (e segue a ser) o despliegue de imaxes animadas para a web, o seu formato é soportado sen problemas por multitude de navegadores, podemos incluílos nas nosas presentacións power point, para axudarnos a explicar os puntos a tratar ou para darlle un pouco de vida.
E o resto, xa ben o sabedes: gatiños, bebés, porrazos, pingüinos, etc.
E medrando medrando, os GIFS están a dar paso a unha nova técnica chamada Cinemagraphs, que consiste en darlle movemento a partes concretas dunha imaxe, proporcionándolle así un toque máxico e absorvente. Os primeiros en experimentar con esta idea, dun GIF que se queda fusionado a medio camiño da fotografía e o cine foron, o fotógrafo Jamie Beck e o deseñador Kevin Burg.

Un tutorial por si sentides ganas de probar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario