viernes, 26 de octubre de 2012

Arte ou non


Dende sempre existe o mesmo dilema: 
é a fotografía un arte? ou, polo contrario, calquera pode ser fotógrafo? Realmente, calquera pode cargarse a hombros o mellor equipo e facer un traballo, non considerado como bo, senon, coma arte?Ou converteuse a fotografía xa nun mero negocio predisposto a desaparecer afogada por tanto avance tecnolóxico?

E é que a tecnoloxía avanza a pasos cósmicos, e cada vez, crear fotografías cunha calidade pouco a pouco máis alucinante está ao alcance de todos os bolsillos que teñan cartos para permitirso. Se Joseph-Nicéphore Niepce levantara cabeza e poidera ver como da súa primeira fotografía 


evolucionamos a esto


seguramente quedaría no sitio atontado e confuso.

Sen embargo toda esta tecnoloxificación non incrementeu únicamente as boas ideas, e o número de artistas, senon que levou as cámaras de calidade as mans de todo o mundo, creando a idea de que ser un bo ou mal fotógrafo é cuestión de mercala última cámara máis cara do mercado con todos os seus cachivaches, convertendo así a cámara no único artista ó momento de capturar un segundo de tempo nunha imaxe. 

Pero por sorte e a pesar de esta xeralización, (un pouco falta de sentido na miña opinión) non evita que siga habendo centos de persoas que sinten o espíritu da fotografía ao escoitalo obturador abrir e pechar, persoas que non buscan facer só unha foto bonita, en alta definición, ou técnicamente ben feita; aínda seguimos a quedar os que buscamos nunha gota de rocío un sentimento único e irrepetible, que buscamos da expresión do noso modelo catapultar os nosos sentimentos, as nosas desazóns, ilusións e rabias ao espectador.

O arte non é máis que un concepto, un concepto feito para englobar todas as creacións que, feitas polo animal humano, intentan expresar unha visión sesible sobre o mundo, e dicir, un sentimento. Chegados a esta conclusión decatámonos que existen diferentes tipos de fotografía: de moda, arquitectónica, de protesta, bélica, publicitaria, etc. e entre todos estos estilos, atopamos a fotografía artística. Entón, se coñecemos todos estos estilos, e podemos diferencialos, aprecialos, criticalos, conservalos na nosa casa a modo de lembranzas ou de xeito decorativo, e ademáis, conprendemos o concepto de arte, entendendo que ésta non se pode valorar só técnicamente, por qué segue a haber quen considera que a fotografía non ten máis que apretar un botón?

Pode que cada vez resulte máis sinxelo facer unha bonita foto, pero, un sentimento é un sentimento con todo o que iso conleva, do mesmo xeito que a fotografía conleva moito máis que buscar un sitio agradable, un modelo guapo e facer click.

E así, sen anestesia nin nada, boa fin de semana.

jueves, 25 de octubre de 2012

Cassettes de almacenamento masivo


O cassette, aquel formato de grabación de son, de cinta magnética, que foi tan amplamente utilizado. A cinta. E agora está de volta señoras e señores!


Os ivnestigadores de FujiFilm, en Xapón, e IBM, en Zurich, xa construíron prototipos de cassettes que poden almacenar 35TB (nun cartucho que mide 10x10x2cm). Para poder conseguir esto recubriron a banda magnética do cassette de partículas de ferritas de bario.

Aínda que mellor, por agora, non esperedes que estas cintas de alta densidade aterricen nas tendas locais. Polo de pronto as cintas estanse a desenrolar para a computadora de IBM de 43$ millóns que se executará no próximo telescopio Square Kilometre Array (SKA), que unha vez o SKA esté reamado (alá polo 2024) será o radiotelescopio máis grande do mundo  e será capaz de expulsar 1 petabyte de datos por día, como esta tarea vai ser moito para os actuais discos duros, así que vos investigadores traballan para conseguir que cando o SKA esté en liña poder almacenar 100TB por cartucho.
A desventaxa por agora é que son máis lentas para acceder aos datos que conteñen que os nosos discos duros, ainda que xa están tamén traballando nese detalle, desenrolando un sistema que acelerará o proceso facendo a cinta comparable ao disco duro.
É, como di Eleftheriou (de IBM) "é o momento de aproveitar o baixo consumo e coste da cinta".

martes, 23 de octubre de 2012

Infinite Horizon


O competidor autómata dos compositores de música electrónica!

O secuenciador, Infinite Horizon, foi especialmente deseñado pola compañía Mungo Enterprises para xerar música dance sen necesidade de que interveña un humano.
A máquina conta con  5 canais dispoñibles: dúas melodías principais, dúas líneas de baixo e unha para acordes. Os sintetizadores virtuais xeran o son e o sistema do Infinite Horizon fai o resto. A través dun secuenciador xera patróns provintes dun conxunto de reglas, as cales sirven para conseguila coherencia nun resultado que pode durar horas e horas.

A meta é facer música contemporánea para bailar e, como dixo o creador da máquina: "A maioría da música para bailar "clásica" está tan basada en fórmulas, que debería ser fácil para unha computadora xerala".
Aínda que, o ordenamento das pezas, presentase coma un dos desafíos máis grandes, xa que si ben a estructura musical de certos xéneros como o Trance é moi predecible, dise que esta tarea é mellor que a realice unha persoa.
Vamos, que realmente tampouco o fai totalmente soa, pero, o tema central é que si se presiona o botón vermello da máquina, comeza a sonar música nova e orixinal sen esforzo.

Aínda que polo momento non chegará aos salóns de ningúen, neste vínculo podedes escoitar un exemplo do que Infinite Horizon pode facer.

jueves, 18 de octubre de 2012

Formato GIF


O GIF, ese formato tan ampliamente utilizado na World Wide Web. 
Orixinalmente (1987) fora unha idea de CompuServe como un formato de intercambio xeral que sustituía ao RLE (Run-length encoding).O formato GIF fíxose moi popular dado que resultaba rápido e sinxelo de descargar por grande que poidera ser a imaxe ou lento o módem.
Un GIF pode conter entre 2 e 256 cores, polo que ten unha paleta cun número de cores limitado, e obtíñanse así, polo xeral, imaxes moi pequenas.
A pesar de eso, o que realmente supuso a caída da popularidade do formato GIF foi que debido a patente do algoritmo de compresión LZW (algoritmo de compresión da imaxe), todos aqueles editores que usaban imaxes GIF debían pagarlle a Unisys, a compañía propietaria dos dereitos. 
A consecuencia o PNG foi aumentando a súa popularidade.
O uso dos gifs está presente xeralmente para os banner publicitarios, e a súa utilidade principal foi (e segue a ser) o despliegue de imaxes animadas para a web, o seu formato é soportado sen problemas por multitude de navegadores, podemos incluílos nas nosas presentacións power point, para axudarnos a explicar os puntos a tratar ou para darlle un pouco de vida.
E o resto, xa ben o sabedes: gatiños, bebés, porrazos, pingüinos, etc.
E medrando medrando, os GIFS están a dar paso a unha nova técnica chamada Cinemagraphs, que consiste en darlle movemento a partes concretas dunha imaxe, proporcionándolle así un toque máxico e absorvente. Os primeiros en experimentar con esta idea, dun GIF que se queda fusionado a medio camiño da fotografía e o cine foron, o fotógrafo Jamie Beck e o deseñador Kevin Burg.
Un tutorial por si sentides ganas de probar.



martes, 9 de octubre de 2012

20 ThinkPad



Nestos días os portátiles ThinkPad cumpren 20 anos! O ThinkPad orixinal foi desenrolado por IBM, e comezouse a comercializar en 1992.
No 2005 IBM vendiu o seu negocio de ordenadores portátiles a Lenovo, que dende entón continuaron fabricando estas recoñecidas máquinas 
(incluso con cambios estéticos mínimos).




Para o seu 20 cumpreanos ThinkPad celebrouno expoñendo un repaso polas  súas diferentes máquinas no Museo de Arte Contemporáneo de Nova York. 




Neste vídeo podemos ver algunhas das particularidades destos portátiles.




Por exemplo: o teclado desplegable do modelo de 1995 (que por aquel entonces foi bastante impactante, aínda que tamén desapareceu sen deixar rastro) ou o modelo do 2009 que añadía unha pantalla plegable, auxiliar a principal.
Houbo outras innovacións dos ThinkPad que sí calaron no resto de fabricantes, coma a incorporación da unidade de DVD ou o mecanismo con sensor de movemento que se anticipaba a posibilidade dun golpe inminente reducindo, dentro do posible, os daños aos discos duros.
Ademáis tamén inaugurou a incorporación da conectavidade wifi, que anteriormente se conseguí añadindo unha tarxeta PC Card / PCMCIA.






lunes, 8 de octubre de 2012

01001111 01101100 01100001

O código binario


O termo bit, é unha abreviación do dixito binario. Un díxito binario é un estado "aberto" ou "pechado" lóxico, compréndese mostrándoo e analizandoo coma "1" ou "0". Nunha computadora estos ceros e uns convertense nunha diferencia de voltaxe, polo tanto unha información diferente.

Sorprenderíaste de saber toda a información que emites e recibes a través de máquinas cada día, mediante "1" e "0" en grupos, que son transformados en distintas cousas interpretables por nos coma imaxes, sons ou simplemente algún formato dixital.


Alan Turing foi o creador do codigo binario, as súas investigacións matemáticas sobre os números computables convertiron a este científico inglés no precursor da ciencia da computación.
Turing foi un xenio precoz que, xa dende pequeno tivo unha gran habilidade e interés polos números e as matemáticas. Aprendiu a ler só, e con 16 anos xa analizaba traballos de Albert Einstein. A pronta morte do seu amigo e primeiro amor (Christopher Morcom) marcou a Turing de forma traumática, abandonou a fe relixiosa e conmeceu a obsesionarse con entender os procesos mentais dos humanos. 
A idea da mente coma unha máquina artificial intelixente comezou a obsesionalo; dous anos máis tarde sentou as bases teóricas da computadora co seu estudio dos números computables, o pistoletazo de saída cara a pimeira computadora.
A primeira máquina que deseñou era un modelo matemático abstracto que define un sistema de escritura/lectura que determina os conceptos computacionais: input, output e algoritmo, establecendo así as bases lóxicas para desenrolar os primeiros procesadores.
Foi en 1945 cando Turing quixo ir máis alá e deseñou o aprello: a Máquina Turing. E no 1950 completou totalmente a computadora, a máis rápido durante anos.

A máquina de Turing

viernes, 5 de octubre de 2012

O primeiro ordenador do mundo


O primeiro ordenador, falando de máquinas semellantes as actuais, (con electrónicas, basadas na aritmética binaria e de programa almacenado na memoria) que foran algo máis que prototipos, sería o EDSAC, desarrollado na universidade de Cambrigde, posto en narcha en abril de 1949.


EDSAC (Electronic Delay Storage Automatic Calculator)

Sen embargo, se aceptamos prototipos:


O SSEM da universidade de Manchester, que executou o seu primeiro programa o 21 de xuño de 1948. 

SSEM (Small Scale Experimental Machine) 

O 15 de febreiro de 1946 o ENIAC foi o primeiro ordenador electrónico dixital de propósito xeral. 


 ENIAC (Electronic Numerical Integrator And Computer) 

 E o Colossus, Inglaterra en xaneiro de 1944, sería o primeiro posto en servicio cun uso específico (neste caso descifrar as mensaxes cifradas dos alemáns)


Colossus 

Aínda que non se trata dunha máquina electrónica senon electromecánica (que funcionaba a base de relés) o Z-3 Presentaba para a época todas as características dun ordenador moderno de uso xeral, o 12 de maio de 1941.


Z-3 Desarrollado por Konrad Zuse

E citaremos por último o Atanasoff-Berry Computer, unha máquina construída en 1937 e 1942, co propósito de solucionar problemas específicos.

Clifford Berry (un dos constructores) xunta o Atanasoff-Berry Computer (ABC)

3

2

1