Dende sempre existe o mesmo dilema:
é a fotografía un arte? ou, polo contrario, calquera pode ser fotógrafo? Realmente, calquera pode cargarse a hombros o mellor equipo e facer un traballo, non considerado como bo, senon, coma arte?Ou converteuse a fotografía xa nun mero negocio predisposto a desaparecer afogada por tanto avance tecnolóxico?E é que a tecnoloxía avanza a pasos cósmicos, e cada vez, crear fotografías cunha calidade pouco a pouco máis alucinante está ao alcance de todos os bolsillos que teñan cartos para permitirso. Se Joseph-Nicéphore Niepce levantara cabeza e poidera ver como da súa primeira fotografía
evolucionamos a esto
seguramente quedaría no sitio atontado e confuso.
Pero por sorte e a pesar de esta xeralización, (un pouco falta de sentido na miña opinión) non evita que siga habendo centos de persoas que sinten o espíritu da fotografía ao escoitalo obturador abrir e pechar, persoas que non buscan facer só unha foto bonita, en alta definición, ou técnicamente ben feita; aínda seguimos a quedar os que buscamos nunha gota de rocío un sentimento único e irrepetible, que buscamos da expresión do noso modelo catapultar os nosos sentimentos, as nosas desazóns, ilusións e rabias ao espectador.
O arte non é máis que un concepto, un concepto feito para englobar todas as creacións que, feitas polo animal humano, intentan expresar unha visión sesible sobre o mundo, e dicir, un sentimento. Chegados a esta conclusión decatámonos que existen diferentes tipos de fotografía: de moda, arquitectónica, de protesta, bélica, publicitaria, etc. e entre todos estos estilos, atopamos a fotografía artística. Entón, se coñecemos todos estos estilos, e podemos diferencialos, aprecialos, criticalos, conservalos na nosa casa a modo de lembranzas ou de xeito decorativo, e ademáis, conprendemos o concepto de arte, entendendo que ésta non se pode valorar só técnicamente, por qué segue a haber quen considera que a fotografía non ten máis que apretar un botón?
Pode que cada vez resulte máis sinxelo facer unha bonita foto, pero, un sentimento é un sentimento con todo o que iso conleva, do mesmo xeito que a fotografía conleva moito máis que buscar un sitio agradable, un modelo guapo e facer click.
E así, sen anestesia nin nada, boa fin de semana.